CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMENINO ABEGONDO 28 XANEIRO 2023

AS NOSAS XUVENIS XOGARAN O DOMINGO 28 ÁS 10:00 O PRIMEIRO PARTIDO.

FOTO DO EQUIPO SENIOR FEMININO QUE PARTICIPOU NO CAMPIONATO GALEGO DE SALA 2024 EN OURENSE.

15 XORNADA COMPETICIÓN HOCKEI HERBA SENIOR MASCULINA-27 ABRIL 2024

CSA APOSTOL- ATHCOR : RESULTADO 2-0

Tras o partido xogado no campo de MarIñamansa en Ourenese hoxe as 6 da tarde, moi disputado nos catro cuartos, impuxeronse ou final por dous a cero o CSA Apostol co seu acerto nos penalti corner.

Gran traballo de todo o noso ATHLETIC, que xogaron de tu a tu, contra o lider da categoría. Incluso tivemos a ocasión do empate nun penalti ben lanzado por Dario, ao remate do primeiro cuarto e co tempo esgotado, resolto con boa parada do porteiro do Apostol.

Boas sensacións para seguir pelexando pola meta de entraren na Final FOUR do mes de maio.

A seguiren medrando rapaces..

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE FEMENINO HOCKEI HERBA-26-28 abril 2024-VALENCIA

CTO. DE ESPAÑA CADETE FEMENINO HIERBA -FASE SECTOR 2: 26 / 28 DE ABRIL de 2024 Fed. C. Valenciana. HORARIOS

A equipa feminina cadete do ATHLETIC CORUÑA, vai este fin de semán a terras valenciáns a disputar a fase sector do Campionato de España de Hockei Herba, onde disputará tres partidos contra equipas valencinas e andaluzas.

VALENCIA 2024

Estes son os horarios.

ENLACE PÁXINA RFEH HORARIOS CAMPIONATO CADETE HERBA FEMININO
EQUIPA CADETE FEMININO HERBA ATHLETIC CORUÑA 2024

O ATHLETIC CORUÑA coa Hockey Experience da RFEH-sabado 6 abril

Hoxe sábado 6 de abril 2024 na Coruña celébrase a Hóckey Experience, un evento pensado para que os máis novos coñezan o hóckey herba xogando e divertíndose.

No aparcamento do Palacio dos Deportes de Riazor, desde as 10 da mañá ata a 6 da tarde ininterrompidamente, os máis peques poderán achegarse para xogar nas diversas probas e coñecer en persoa a Redy a mascota do hóckey español.

A participación é totalmente gratuíta, previa inscrición.

Este gran evento do hóckey está organizado pola Real Federación Española de Hóckey e a Federación Galega , coa inestimable colaboración dos clubs da Coruña, o apoio do Conello da Coruña, e o patrocinio Autocares Fondo.