O Concello subscribe 32 convenios con entidades locais para a promoción e o fomento do deporte
- Detalles
- Categoría: Escuelas
- Creado en 10 Agosto 2018
- Visitas: 1698
Hoxe Venres o alcalde, Xulio Ferreiro, participou esta mañá no acto de sinatura de convenios nominativos con 32 entidades da cidade dirixidos á promoción e o fomento da práctica deportiva no termo municipal ao longo do presente exercicio na que participóu o Athletic Corña Hockey.
Así, o Concello subscribiu acordos por valor de 444.000 euros "para a posta en marcha de proxectos e actividades que favorezan que esta sexa unha cidade aberta ao deporte, máis saudable e, sobre todo, máis igualitaria
Deste xeito, ao longo deste ano, realizaranse iniciativas destinadas á practica e fomento de actividades como waterpolo, hóckey, atletismo, xadrez, boxeo, submarinismo, rugby, natación, baloncesto feminino, vela, piragüismo, fútbol sala feminino, patinaxe artística, voleibol, pentatlón, tenis de mesa ou equitación adaptada, entre outras propostas. "O goberno local da Coruña quere difundir e defender uns valores que se atopan no deporte da cidade. Grazas ao traballo e esforzo das entidades que representades o deporte, na Coruña, non entende nin de idades nin de sexos. Non discrimina. Esta cidade deu pasos enormes a prol da inclusión e da igualdade grazas a vós", expuxo Ferreiro ante as entidades participantes no acto de rúbrica, celebrado no Pazo de María Pita este venres. Ademais, as axudas tamén permitirán contribuír ao financiamento de accións formativas, a dispoñibilidade de ambulancias durante a celebración de eventos deportivos, ou a cesión de instalacións.
As entidades beneficiarias dos 32 convenios asinados esta mañá son as seguintes: Agrupación de Montañeros Independientes, Asociación Coruñesa de Waterpolo, Asociación de Clubs Coruñeses de Hóckey a Patíns, Asociación Galega de Axedrecistas, Asociación Galega de Xestores Deportivos, Asociación Recreativa e Instructiva de Amigos de los Veleros Juan de Lángara, Athletic Coruña Hockey Club, Club Atletismo Coruña Comarca, Club Atletismo Riazor Coruña, Club BKC, Club de Arquitectura Técnica, Club de Vela Praia de Oza, Club del Mar de San Amaro, Club Deportivo Padre Faustino, Club Ximnasia Rítmica Santiago Apóstol, Club Halterofilia Coruña, Club Instituto Zalaeta, Club Marineda Atlético, Club Maristas A Coruña, Club Marítimo de Oza-O Puntal, Club Natación Coruña, Club Natación Liceo, Club Viaxes Amarelle FS, Club de Patinaxe Artística Maxia de Raquel Camacho, Cruz Vermella, Obra Atlético Recreativa Ciudad Vieja OAR Ciudad 1952, Real Club Náutico da Coruña, Sociedade Deportiva Hípica da Coruña, Sociedade Deportiva As Xubias, Unión Veciñal Ventorrillo, Universidade da Coruña e Zalaeta 100Tolos.